Gattaca

21 oct 2025
Gattaca

Gattaca

Andrew Niccol (EUA, 1997) 106 min. Cor. Dolby dixital. RA 2,39:1 [A] VOSE

Ambientada nunha sociedade futura, na que a maior parte dos nenos son concibidos in vitro e con técnicas de selección xenética. Vincent, un dos últimos nenos concibidos de modo natural, nace cunha deficiencia cardíaca e non lle auguran máis de trinta anos de vida. Considéraselle un inválido e, como tal, está condenado a realizar os traballos máis desagradables. O seu irmán Anton, en cambio, recibiu unha espléndida herdanza xenética que lle garante múltiples oportunidades. Desde neno, Vincent soña con viaxar ao espazo, pero sabe moi ben que nunca será seleccionado. Durante anos exerce toda clase de traballos ata que un día coñece a un home que lle proporciona a clave para formar parte da elite: suplantar a Jerome, un deportista que quedou paralítico por culpa dun accidente. Deste xeito, Vincent ingresa na Corporación Gattaca.



Compartir en: