Noticia Periódico "O Sil" : http://www.osil.info/reunion-do-colexio-de-medicos-de-ourense-cos-facultativos-valdeorreses/
A reunión tivo lugar no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV)./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O encontro tiña lugar no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras no Barco, despois dun pleno ordinario desta entidade profesional
A nova xunta directiva do Colexio Médico de Ourense, que preside José Luis Martínez, reuníase seus colexiados en Valdeorras na tarde do 24 de novembro no Hospital Comarcal Valdeorras. Neste encontro, ademais de presentarse como novo equipo directivo amosaron a súa disposición de achegar as actividades e os servizos que se prestan dende esta entidade profesional aos colexiados desta zona da provincia.
Nese senso, no decurso da xornada presentábase xa un operativo de videoconferencia co que, a partir de agora, todas as sesións e conferencias que se desenvolvan na sede colexial, situada na cidade de Ourense, poderán ser seguidas en tempo real dende O Barco, “posibilitando ademais a participación directa nas mesmas dos médicos interesados”.
Previamente ao encontro cos facultativos, tiña lugar tamén no Barco un pleno ordinario da xunta directiva do Colexio de Médicos de Ourense.