Aclaración Probas selectivas OPE Faculativos

General 26/06/2009

Con respecto ás probas selectivas de mañá e para despexar algunha dúbida que está xurdindo, quería reiterarvos que se abrirá un prazo no mes de xullo, mediante Resolución publicada no DOGA, para que os aspirantes exentos da realización do exercicio do coñecemento da lingua galega aporten a documentación que acredite que están en posesión dos cursos correspondentes e polo tanto, non deberán aportar documentación algunha neste senso o día da realización dos exames.
 
Dende a Consellería de Sanidade quérese reiterar que o exercicio de coñecemento da lingua galega é obrigatorio para os aspirantes que non teñan os devanditos certificados, polo que se recomenda que aqueles aspirantes que teñan algunha dúbida sobre a validez dos cursos dos que poidan dispoñer permanezan no recinto ao finalizar o segundo exercicio e procedan a realización do terceiro.
 
Na web do Servizo Galego de Saúde xa se colgou información neste senso.


Compartir en:

Haz un comentario



*Campos obligatorios

Código de verificación
He leido y acepto la Política de privacidad*

Etiquetas sugeridas

protección de datos