A AECC DE OURENSE ORGANIZA UNHA NOVA QUENDA DAS ESTANCIAS TERAPÉUTICAS EN CENTROS DE DESCANSO PARA MULLERES OPERADAS DE CANCRO (PROGRAMA VITALIA).

General 11/05/2009

• O programa ofrece as terapias e metodoloxías máis  innovadoras  para a rehabilitación psicoemocional e física das afectadas.

• A estancia terapéutica  desenvolverase entre o luns 18 e o xoves día 21 de maio na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño.

• Todas as mulleres que foran diagnosticadas e tratadas de cancro na provincia de Ourense, independentemente do seu concello de residencia, poderán solicitar a participación no programa.

• O prazo de valoración de solicitudes para esta quenda estará   aberto ata o vindeiro día 12 de maio.  
• As cinco convocatorias anteriores acadaron uns resultados e índices de satisfacción moi elevados, tanto entre as beneficiarias e os seus acompañantes, como entre o equipo de profesionais interdisciplinar que o levou a cabo. 
• Durante catro días, 25 mulleres operadas de cancro de toda Galicia participarán nunha experiencia de convivencia e axuda mutua nun marco de relaxación e participando en talleres de saúde, nutrición, estratexias de afrontamento, prevención de secuelas, estética e maquillaxe, risoterapia ou  dinámicas grupais ou conta contos.
• A estancia inclúe réxime de aloxamento completo e desprazamento desde Ourense. A AECC deseñou un completo programa terapéutico e ocupacional para acadar os máximos beneficios para as participantes.
A estancia é de carácter GRATUITO

Máis información Estancias Terapéuticas:

Rocío Taboada Vázquez – T social AECC Ourense;Telf.: 988219300 - Fax: 988219306
rocio.taboada@aecc.es
Francisco Aguiar Fernández – T. Social AECC Ourense.


Compartir en:

Haz un comentario



*Campos obligatorios

Código de verificación
He leido y acepto la Política de privacidad*

Etiquetas sugeridas

protección de datos