Pandemia e Nadal. Carta aberta do Colexio Médico de Ourense

Posicionamientos 20/12/2020

  • Comidas e ceas con non conviventes non deberían realizarse este ano
  • Debemos frear os posibles repuntes en xaneiro e en febreiro antes do inicio e posta en marcha da vacinación
  • Actividades ao aire libre, culturais e compras poderían realizarse coas necesarias medidas de protección
  • Os test diagnósticos COVID-19 xeran unha falsa confianza
  • Debemos manter a máxima actividade económica posible, pero sen correr riscos innecesarios

 

Como entidade representativa dos médicos e, ao tempo, corporación de dereito público cuxa obrigación é velar pola saúde colectiva, debemos compartir coa cidadanía ourensá nosas recomendacións baseadas no coñecemento do que dispoñemos.

E cremos que este ano non debemos celebrar o Nadal do modo ao que estamos afeitos.

As comidas e ceas –eixo central das festas do Nadal- de familias, amigos e compañeiros de traballo que non sexan conviventes habituais, son unha das actividades de maior risco para a infección por  COVID19. Por tanto, non deberiamos realizalas este ano nin planificar a súa celebración.

Por moito que melloren as cifras de  contagios e hospitalizados nos días/semanas anteriores, o virus seguirá entre nós e debemos evitar un novo repunte de casos en xaneiro- Febreiro coa súa correspondente mortalidade, antes da chegada e administración das esperadas vacinas.

Outras actividades -sobre todo as que se realizan ao aire libre- como as culturais, as compras, os agasallos, a consumición en terrazas… non deberían ter problema en realizarse coas necesarias medidas de protección, se a situación epidemiolóxica mellora como é desexable e  esperable.

Queremos alertar, así mesmo, sobre a falsa confianza que poidan xerar os test diagnósticos para a  COVID19. De todos son coñecidas as súas limitacións na interpretación clínica, pero sobre todo son só unha “foto fixa” que cambia en poucos días. Nin sequera a súa realización reiterada e  secuencial ofrece seguridade. Só hai que observar o alto número de deportistas profesionais que se contaxian a pesar diso. A idea de “son negativo, podo ir a esta ou outra cea”, é un erro claro.

Debemos todos transitar con intelixencia e sentido común, durante a parte -esperemos que final- deste pesadelo. Mantendo a máxima actividade económica posible, pero sen correr riscos innecesarios.

Por todo iso, merece a pena modificar este ano o noso modelo habitual de Nadal sen poñer en perigo a propia saúde, a dos seres máis queridos e a dos nosos concidadáns.

Un contaxio non é só unha mala noticia para o que o sofre, o é tamén para a súa contorna familiar e social e para toda a comunidade.

 

Xunta Directiva do Colexio Médico de Ourense

 

 

Ourense, 24 de novembro de 2020

 

Noticias relacionadas:

- Minuto 1:11:30 La Voz Ourense

- Minuto 4:30 RNE Ourense


Compartir en:

Comentarios



María Teresa

25/11/2020

Boa recomendación. Grazas


Jesús

27/11/2020

Enhorabuena por las recomendaciones, que es justo todo lo contrario que están alentando desde la clase política y medios de comunicación. Una vez más, ojalá se escuche a la ciencia más allá que a la política y a la economía. Teniendo una media de 300 fallecidos al día, me parece una frivolidad y una falta de respeto a los fallecidos, hablar de reuniones y fiestas navideñas, que pueden traer más desgracias a este país, por dos cenas...


María

28/11/2020

Gracias por vuestra recomendación. Ojalá el resto de Colegios y Sociedades científicas emitan notas similares a la vuestra; los sanitarios debemos hacernos oír y alertar a la población. Está en manos de la Comunidad que la tercera ola sea más o menos agresiva que las precedentes. Apelemos a la responsabilidad de todos!!.


Carmen

28/11/2020

Gracias!!!


Arcadio

01/12/2020

Perdimos el norte! Hacemos caso a algunos políticos o nos fiamos de quienes dieron todo por sacar adelante a miles de ciudadanos, con medios insuficientes, trabajando hasta la extenuación y arriesgando su vida? Tenemos una deuda pendiente con los sanitarios, pilares del sistema sanitario (no los políticos de turno)! Fiémonos de su experiencia!


Haz un comentario



*Campos obligatorios

Código de verificación
He leido y acepto la Política de privacidad*