A Xunta de Galicia e o Consello Galego de Colexios Médicos veñen de renovar o convenio de colaboración que garante a continuidade do Programa de Atención Integral ao Médico Enfermo (PAIME), un servizo fundamental para o coidado da saúde mental dos e das profesionais da medicina.
Desde o Colexio de Médicos de Ourense, queremos lembrar que o PAIME continúa activo e dispoñible para calquera médico ou médica que estea a atravesar unha situación de saúde mental ou adiccións que poidan interferir no exercicio da súa práctica profesional.
Este programa ofrece atención especializada, confidencial e centrada na recuperación do profesional, coa máxima discreción e acompañamento profesional.
Un servizo confidencial, próximo e seguro
O PAIME permite que os colexiados e colexiadas poidan acceder a un recurso de apoio ante situacións de:
- Ansiedade, depresión ou outras alteracións emocionais
- Estrés laboral ou burnout
- Adiccións a substancias ou comportamentos
- Calquera outra situación que poida afectar o seu benestar e o correcto desempeño da súa profesión
O programa pon o foco na saúde do profesional e na súa recuperación, evitando o estigma e garantindo o dereito a ser coidados con dignidade.
Cuidar dos que coidan tamén é un acto de responsabilidade.
Podes consultar toda a información sobre o PAIME e os pasos para acceder ao programa desde a nosa sección específica:
Programa PAIME no Colexio de Ourense