Olivier Nakache e Eric Toledano (Francia-Bélxica, 2019) 108 min. Cor. AR: 2,35:1 [+7] VOSE
Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=0J32OjoWk-0
Bruno e Malik son dous amigos que durante vinte anos viviron nun mundo diferente: o dos nenos e adolescentes autistas. A cargo de dúas organizacións sen ánimo de lucro, forman a mozos para que sexan coidadores de casos extremos. Desta forma crean unha asociación excepcional, fóra das contornas tradicionais, para unhas persoas extraordinarias.
Premios
2019: Festival de San Sebastián: Premio do público
"Olivier Nakache e Eric Toledano narran moi ben en 'Especiais' o drama do autismo máis severo e menos pacífico (...) un universo moi duro que Toledano e Nakache abordan con realismo, con sentimento, sen adozalo" (Carlos Boyero, El País)