FADEMGA FEAPS GALICIA, (Federación de Asociacións a Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) organiza o día 21 de outubro unha nova edición da Sesión Clínica.
Esta terceira edición consistirá, como é habitual, nunha xornada adicada ó análise de casos de difícil intervención presentados polos membros do Grupo de traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta da Federación.
Volvera a contar co apoio e asesoramento do prestixioso psiquiatra Ramón Novell, profesional do Instituto para a Atención e Investigación na Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento (INARDI).
O obxectivo desta sesión é crear un espazo de reflexión e formación para dotar aos profesionais de estratexias e recursos útiles á hora de desenvolver a súa labor profesional.
Destinatarios:
• Médicos psiquiatras
• Profesionais das entidades federadas
Horario: 10:00 – 14:00 / 16:00 – 18:00
Lugar de Celebración: Centro Empresarial do Tambre na cidade de Santiago de Compostela. p>
Para formalizar a inscrición consulten a páxina web www.fademga.org.
Prazo de inscrición ata o 14 de outubro (AFORO LIMITADO ATA CUBRIR PRAZAS)
Para máis información contacten a través do teléfono 981.519.650, ou correo electrónico: areasocial@fademga.org. Persoa de contacto: Pilar Villaverde.