Curso de Voluntariado da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.

General 18/03/2010

Pola presente, queremos informarvos da realización do curso de Voluntariado da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.

O obxectivo principal deste curso será  o de presentar e dar a coñecer a actividade da Asociación Española contra o Cancro, así como o de posibilitar a formación dun grupo de voluntarios e persoas colaboradoras que na medida das súas posibilidades poidan participar na posta en marcha de distintas actividades na cidade de Ourense.  

Para a súa realización, contaremos con varios profesionais de diversos á mbitos que  tratarán todos os aspectos relacionados co cancro desde un punto de vista médico, psicolóxico e social.

DÍA : 24 DE MARZO
HORARIO: 10 a 13 e de 16:30 a 19 h.
LUGAR: Aula de Cultural Caixa Galicia C/ Xoan XXIII, 33 de Ourense

Para inscribirse bastará con chamar ós teléfonos
988 219 300 – 988 219 306.

Dado que para a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, resulta dunha importancia fundamental que este curso de voluntariado acade o maior éxito posible, razón pola que pregamos a máxima participación e difusión desta información, que sen dúbida beneficiará a toda a provincia.

Asdo. Xunta Directiva e Equipo Técnico AECC
ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO


Compartir en:

Haz un comentario



*Campos obligatorios

Código de verificación
He leido y acepto la Política de privacidad*

Etiquetas sugeridas

protección de datos