• O programa ofrece as terapias e metodoloxías máis innovadoras para a rehabilitación psicoemocional e física das afectadas.
• A estancia socioterapéutica desenvolverase entre o luns 18 e o xoves día 21 de maio na Residencia de Tempo Libre de O Carbaliiño.
• As cinco convocatorias anteriores acadaron uns resultados e índices de satisfacción moi elevados, tanto entre as beneficiarias e os seus acompañantes, como entre o equipo de profesionais interdisciplinar que o levou a cabo.
• Durante catro días, 30 mulleres operadas de cancro de toda Galicia participarán nunha experiencia de convivencia e axuda mutua nun marco de relaxación e participando en talleres de saúde, nutrición, estratexias de afrontamento, prevención de secuelas, estética e maquillaxe, risoterapia ou dinámicas grupais ou conta contos.
• A estancia inclúe réxime de aloxamento completo e desprazamento desde Ourense. A AECC deseñou un completo programa terapéutico e ocupacional para acadar os máximos beneficios para as participantes.
A estancia é de carácter GRATUITO.
PROGRAMACIÓN DAS ESTANCIAS CON CONTIDOS E HORARIOS (pinche AQUÍ)
Máis información Estancias Socioterapéuticas:
Rocío Taboada Vázquez – T social AECC Ourense.
Francisco Aguiar Fernández – T. Social AECC Ourense.
PROGRAMA VITALIA: Estancias Socioterapéuticas en Centros de Descanso
RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE O CARBALLIÑO (OURENSE) 18-21 de MAIO de 2009
Zona do Parque s/n C.P. 32500 O Carballiño
988270200