PRÁCTICA PARA TITULADOS EN EUROPA. EUROPRACTICUM IV

General 11/05/2009

Xa está aberto o segundo prazo de inscrición no Programa Europracticum, programa de prácticas remuneradas para titulados da USC en empresas europeas.

Poderán beneficiarse destas bolsas 60 titulados/as da USC, que obtiveran a súa titulación dende xaneiro de 2004 a febreiro de 2009 (incluídos) e que desexen completar a súa formación con prácticas en empresas europeas, coñecendo novas formas de traballo nun ambiente multicultural, á vez que mellorar as súas competencias lingüísticas.

As prácticas, cunha duración de 24 semanas, enténdense coma complemento de formación, polo tanto, están sempre acordes coa titulación do bolseiro. Unha bolsa Europracticum consta de seguro médico e aportación económica para gastos de viaxe, aloxamento e manutención. Á aportación económica da bolsa está en función do país de destino.


Para máis información contacte con:

Campus de Lugo

Area de Orientación Laboral

Edificio Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros

Teléfono: 982 28 59 00 Extensión: 23562


Campus de Santiago

Consello Social

Casa da Concha (Rúa da Conga)

Teléfono 981 55 21 00
www.usc.es/csocial

europracticum@usc.es





Compartir en:

Haz un comentario



*Campos obligatorios

Código de verificación
He leido y acepto la Política de privacidad*

Etiquetas sugeridas

protección de datos