• O programa ofrece as terapias e metodoloxías máis innovadoras para a rehabilitación psicoemocional e física das afectadas.
• A estancia terapéutica desenvolverase entre o luns 18 e o xoves día 21 de maio na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño.
• Todas as mulleres que foran diagnosticadas e tratadas de cancro na provincia de Ourense, independentemente do seu concello de residencia, poderán solicitar a participación no programa.
• O prazo de valoración de solicitudes para esta quenda estará aberto ata o vindeiro día 12 de maio.
• As cinco convocatorias anteriores acadaron uns resultados e índices de satisfacción moi elevados, tanto entre as beneficiarias e os seus acompañantes, como entre o equipo de profesionais interdisciplinar que o levou a cabo.
• Durante catro días, 25 mulleres operadas de cancro de toda Galicia participarán nunha experiencia de convivencia e axuda mutua nun marco de relaxación e participando en talleres de saúde, nutrición, estratexias de afrontamento, prevención de secuelas, estética e maquillaxe, risoterapia ou dinámicas grupais ou conta contos.
• A estancia inclúe réxime de aloxamento completo e desprazamento desde Ourense. A AECC deseñou un completo programa terapéutico e ocupacional para acadar os máximos beneficios para as participantes.
A estancia é de carácter GRATUITO
Máis información Estancias Terapéuticas:
Rocío Taboada Vázquez – T social AECC Ourense;Telf.: 988219300 - Fax: 988219306
rocio.taboada@aecc.es
Francisco Aguiar Fernández – T. Social AECC Ourense.