Aviso legal


Información xeral

Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense.

N.I. F.: Q2770001 B

Domicilio: Rúa Xoán XXIII, 19 – 32003 Ourense

Teléfono: 988 21 05 93

Fax: 988 21 09 33

Email: colegiomedico@cmourense.org

Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos:

Auprodat, S. L.

N.I. F.: B73642506

Domicilio: C/ Canadá, 2 – 30740 San Pedro del Pinatar (Murcia)

Teléfono: 648 794 259

Email: auprodat.lopd@gmail.com

Obxecto

A páxina web do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense ten como obxectivo facilitar aos seus colexiados e á sociedade en xeral información sobre as actividades realizadas polo Colexio, así como proporcionar servizos colexiais, tratando de axilizar por este medio as xestións cos distintos departamentos que compoñen o Colexio.

Acceso á web

O presente Aviso Legal ten como obxecto establecer as Condicións Xerais que regulan o acceso e uso xeral da citada páxina web por parte de todos os usuarios, de maneira que o acceso e uso desta implica necesariamente a submisión e aceptación das Condicións Xerais citadas incluídas neste Aviso Legal.

Así, para poder acceder a certas partes da páxina web é necesario estar rexistrado como usuario e introducir un nome de usuario e un contrasinal. En caso de non ser usuario da páxina web do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense, pode solicitar o seu contrasinal utilizando o seu número de colexiado. Nese caso debe introducir o seu login (ou número de colexiado) para recuperar os datos de acceso. Se o número de colexiado é correcto e está activo, recibirá un correo electrónico coas instrucións.

Todo usuario obrígase a usar a web de forma diligente e correcta. Neste sentido, o usuario comprométese a non utilizala para a realización de actividades contrarias á Lei, á moral, aos bos costumes aceptados ou á orde pública establecida, e con fins ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros.

O usuario pode descargar contidos da páxina web e, cando sexa necesario, o Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense informaralle sobre as especificacións técnicas necesarias para proceder á descarga de información e contidos da súa páxina web.

O Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense se reserva a facultade de realizar, en calquera momento, e sen necesidade de preaviso, calquera modificación ou actualización dos contidos e servizos, das presentes disposicións de acceso e uso e, en xeral, de cantos elementos integren o deseño e configuración da súa páxina web. Por este motivo, recoméndase que o usuario lea detidamente as condicións xerais cada vez que queira entrar e facer uso, xa que estas poden sufrir algunhas modificacións. O Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense non se fai responsable dos posibles fallos de comunicación, non podendo garantir por iso o funcionamento continuo e a dispoñibilidade de acceso á páxina web. Nestes casos, o Colexio realizará o máis axiña posible todas aquelas actuacións tendentes á corrección dos mencionados erros.

Contidos

Os contidos da páxina web son postos a disposición do usuario polo Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense como información propia ou no seu caso, de terceiros. O Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense poñerá os medios razoables á súa disposición coa finalidade que os contidos incluídos na súa páxina web sexan exactos e estean actualizados.