Programa de Atención Integral ao Médico Enfermo (PAIME)

Que é?
O Programa de Atención Integral ao Médico Enfermo (PAIME) é un programa para facilitar aos médicos o acceso a unha atención sanitaria de calidade e especializada en caso de enfermidades relacionadas con trastornos psíquicos e/ou condutas adictivas que poidan interferir na súa práctica profesional. Mediante un convenio subscrito por ambas as partes o PAIME dispón dunha subvención para a asistencia sanitaria específica deste colectivo.

É pois, un programa creado por médicos e dirixido especificamente aos médicos enfermos

Como acceder?
Teñen dereito á asistencia do PAIME todos os médicos colexiados e en activo.

Que debo facer se eu teño o problema?
Poñerche en contacto co Programa chamando ao 636.11.45.62, que dispón dunha caixa de correos de voz de uso exclusivo polo médico Director Técnico do Programa ou enviar un correo electrónico a paime@cmourense.org

Este médico ofrecerache toda a información necesaria. Se o considera oportuno, poñerache en contacto cun Terapeuta do Programa.
A asignación dun nome ficticio contribuirá a preservar a túa identidade e discreción.

Que debo facer se o problema teno un compañeiro?
É importante conseguir que este compañeiro poida coñecer o PAIME, a súa filosofía e características, porque quizais este achegaralle seguridade e confianza para dar o primeiro paso. Neste sentido o suxerirlle un contacto telefónico directo ao 636.11.45.62, ou enviar un correo electrónico a paime@cmourense.org pode resultar eficaz.

Que facer se médico enfermo non quere recibir a atención adecuada?
Se a pesar destas suxestións o médico enfermo non se pon en mans dun especialista e pode comportar un risco de mala praxe, o médico coñecedor do problema ten o deber deontolóxico de comunicalo ao Secretario do Colexio de Médicos.

Que debo facer cando son o médico dun médico cun problema PAIME e estou nun canellón sen saída?
Se non che fai caso, se hai incumprimento terapéutico, se non progresa, se a relación é máis de compañeiro que profesional... o PAIME pode ser unha alternativa na solución de problemas do paciente.

 


Compartir en: