A Xunta Directiva do Colexio de Médicos de Ourense reclama que a píldora do día despois non poida ser dispensada sin receita médica

Xeral 21/05/2009

O goberno acaba de anunciar a liberalización da venda en farmacias da chamada “píldora do día despois”, sin a prescriptiva receita médica. A Xunta Directiva do Colexio de Médicos de Ourense entende que a dispensación deste medicamento se debe acompañar dunha avaliación e información médica oportunas, pra ter en conta posibles contraindicacións e impedir a aparición de complicacións, pero tamén pra evitar que sexa utilizada inadecuadamente, por exemplo como un anticonceptivo habitual (cousa que tamén quere evitar o goberno).

Preocúpanos igualmente que a súa libre dispensación nas farmacias favoreza unha relaxación na utilización de medidas de seguridade que reducen, por exemplo, a aparición de enfermedades transmisibles sexualmente.

Recabamos que o uso desta medicación se acompañe dunha información responsable, no obxetivo compartido por todos nós de evitar o maior número de abortos i embarazos non desexados; nese contesto é imprescindible a avaliación previa por un médico e no seu caso a dispensación da correspondente receita médica.

(Participa en el Foro danos tú opinión)

Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*