LUNS 18 de MAIO COMEZAN AS ESTANCIAS SOCIOTERAPÉUTICAS EN CENTROS DE DESCANSO PARA MULLERES OPERADAS DE CANCRO.

Xeral 18/05/2009

• O programa ofrece as terapias e metodoloxías máis  innovadoras  para a rehabilitación psicoemocional e física das afectadas.

• A estancia socioterapéutica  desenvolverase entre o luns 18 e o xoves día 21 de maio na Residencia de Tempo Libre de O Carbaliiño.

• As cinco convocatorias anteriores acadaron uns resultados e índices de satisfacción moi elevados, tanto entre as beneficiarias e os seus acompañantes, como entre o equipo de profesionais interdisciplinar que o levou a cabo. 
• Durante catro días, 30 mulleres operadas de cancro de toda Galicia participarán nunha experiencia de convivencia e axuda mutua nun marco de relaxación e participando en talleres de saúde, nutrición, estratexias de afrontamento, prevención de secuelas, estética e maquillaxe, risoterapia ou  dinámicas grupais ou conta contos.

• A estancia inclúe réxime de aloxamento completo e desprazamento desde Ourense. A AECC deseñou un completo programa terapéutico e ocupacional para acadar os máximos beneficios para as participantes.
A estancia é de carácter GRATUITO.


PROGRAMACIÓN DAS ESTANCIAS CON CONTIDOS E HORARIOS (pinche AQUÍ


Máis información Estancias Socioterapéuticas:

Rocío Taboada Vázquez – T social AECC Ourense.
Francisco Aguiar Fernández – T. Social AECC Ourense.


PROGRAMA VITALIA: Estancias Socioterapéuticas en Centros de Descanso

RESIDENCIA  DE TEMPO LIBRE O CARBALLIÑO (OURENSE) 18-21 de MAIO de 2009

Zona do Parque s/n C.P. 32500 O Carballiño
988270200


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*