Fin do estado de alarma. Comunicado

Posicionamentos 10/05/2021

A pandemia COVID19 segue presente, a incidencia non está aínda en cifras que indiquen suficiente control epidemiolóxico para considerala controlada, mantense un número significativo de pacientes ingresados nas plantas e nas UCIs dos hospitais… E con todo, as imaxes da fin de semana en todo o país e a tendencia social que apreciamos na relaxación das medidas de precaución máis elementais -por moita “fatiga pandémica” que arrastremos-, resultan descorazonadoras para os profesionais sanitarios e vémonos na obrigación moral de facer de novo, un chamamento ao sentido común.

Na nosa opinión, o estado de alarma non debe finalizar ata alcanzar a inmunidade colectiva e cifras moi baixas de incidencia, senón modularlo en función das circunstancias e o consenso dos expertos en saúde pública e os responsables políticos. É o instrumento xurídico que máis seguridade achega. Lamentablemente xa desde o inicio da pandemia, a deslealdade política impediu, a diferenza de países da nosa contorna, que as decisións na xestión da mesma tivesen unha lóxica epidemiolóxica e non, como así foi desde o primeiro momento, de confrontación partidista.

Agora ben, chegados a este punto, convén resaltar algunhas das medidas máis importantes que tanto os cidadáns, desde a súa responsabilidade individual, como os xestores sanitarios conviría que priorizasen:

  • As reunións familiares e sociais en espazos pechados (sobre todo comidas e ceas en domicilios particulares onde é máis habitual obviar a máscara e a distancia individual) entre non conviventes, seguen sendo a actividade de maior risco e deben evitarse. Trasladar ao máximo as actividades sociais aos exteriores é a opción máis razoable.
  • Non son aceptables, e deben ser disoltas, as aglomeracións colectivas como os botellóns ou festas masivas, nas que se abandonan as medidas de protección básica, sobre todo cando coinciden con consumo de alcol, e poden converterse en eventos de “ supercontaxio”.
    Agora é máis importante aínda, cun número de novos casos asumible, un rastrexo intensivo e un control estrito dos contactos estreitos que deben estar illados o tempo necesario. Reforzar, nesta tarefa, as estruturas de saúde pública e a súa coordinación con Atención Primaria, ten que ser obxectivo fundamental para os responsables sanitarios galegos.
  • Para reforzar a seguridade da necesaria reactivación económica nos sectores da hostalería e o comercio, é imprescindible desenvolver prácticas normativizadas de ventilación e control da salubridade do aire nos espazos pechados.
  • É necesario poñer en marcha canto antes, un plan de reforzo e reactivación asistencial na sanidade pública, cuxos profesionais están ao límite do esforzo continuado en moitos casos e merecen pola súa especial contribución á loita contra a COVID9 a tradución dos aplausos de hai uns meses en recoñecemento e mellora das súas condicións de traballo.


De novo, reclamar sentido común, solidariedade colectiva e un tempo, xa cada vez máis curto coa esperanza firme da vacinación, de razoable responsabilidade individual con independencia do levantamento das restricións.

 

Xunta Directiva Colexio Médico de Ourense

 

Noticias relacionadas:

- Las imágenes del fin de semana son descorazonadoras para los profesionales sanitarios

- El estado de alarma no debe finalizar hasta alcanzar la inmunidad colectiva

- El COM Ourense pide sentido común, solidaridad colectiva y responsabilidad individual tras el fin del estado de alarma

- El Colegio de Médicos, “descorazonado” por las imágenes del fin de semana

- Los médicos piden “sentido común” tras el estado de alarma


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*