Nova Oferta Asesoría Fiscal para Colexiados do ICOMOu

Administrativo Xeral 11/12/2018

No permanente interese da Xunta Directiva por ofrecer servizos aos colexiados, o Colexio solicitou á Asesoría Fiscal coa que a institución traballa desde hai anos, unha oferta para asesoría en materia fiscal (declaracións de renda, contabilidade e tributación na actividade privada...) con descontos polo menos do 20% sobre o prezo de mercado.

A oferta vai dirixida sobre todo aos colexiados de forma individual, pero tamén abarcaría aos que están constituídos colectiva ou individualmente como sociedades ou pequenas e medianas empresas, incluíndo nestes casos a asesoría fiscal, contable, mercantil e laboral.

Para información máis concreta, ler a ligazón e/ou contactar coas oficinas colexiais.

Xunta Directiva  ICOMOu


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*