ATENCIÓN TEMPERÁ
Dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos que presentan necesidades especiais, transitorias ou permanentes, orixinadas por deficiencias e alteracións no desenvolvemento ou risco de padecelas.
Este servizo é de carácter gratuíto e consiste nun conxunto de intervencións destinadas a favorecer o óptimo desenvolvemento e a máxima autonomía persoal dos menores. O seu obxectivo é minimizar e mesmo eliminar os efectos dunha alteración ou discapacidade, así como a aparición de discapacidades engadidas, facilitando a plena inclusión familiar, escolar e social e a calidade de vida do menor e a súa familia.
A FUNDACIÓN axuda económicamente, de forma complementaria ao sistema público, naqueles tratamentos que estean recomendados ou pautados polo especialista e aos tratamentos de Atención Temperá que se imparten mediante un copagamento.
TRATAMENTOS ESPECIAIS
Dirixido ao tratamento de persoas en situación de discapacidade e/ou dependencia en idades comprendidas de 6 a 21 anos. O Servizo de Promoción da Autonomía do sistema público, ten por finalidade desenvolver e manter a capacidade persoal de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias e facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria da persoa en situacion de discapacidade ou dependencia.
A FUNDACIÓN, axuda economicamente, de forma complementaria ao sistema público, naqueles tratamentos que estean recomendados ou pautados polo especialista e non estean cubertos polo Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia ( SAAD). Poden ser: fisioterapia, psicomotricidade, logopedia, foniatría, psicoterapia, dano cerebral sobrevindo, estimulación cognitiva, alteracións da conduta, tratamentos especiais (accidentes, enfermidades derivadas da tensión postraumática, etc…)