Sanidade Penal. Comunicado Consello Galego de Colexios Médicos.

Posicionamentos 09/11/2021

A poboación recluída ten dereito a unha asistencia sanitaria con similar equidade e calidade que o resto dos cidadáns galegos.


Tanto en Galicia como en gran parte do Estado, os médicos e demais profesionais sanitarios que traballan no ámbito penal, teñen grandes dificultades para desenvolver a súa practica asistencial con estas condicións.
O Consello Galego de Colexios Médicos, en sucesivas ocasións, xa demandou publicamente e en reunións coa administración autonómica, a homologación da Sanidade Penal co resto do sistema sanitario público en Galicia, entendendo que só é posible coa súa integración no Sergas.


A falta de entendemento entre as Administracións Públicas, autonómicas e estatais, non é unha escusa aceptable para ningunha das dúas partes para acometer a transferencia e a integración no sistema sanitario público autonómico. Exemplos recentes, como o da Comunidade de Navarra, demostran que non só é posible, senón imprescindible nun contexto como o penal, no que existen dificultades engadidas para as prestacións sanitarias e no que algunhas patoloxías como a saúde mental e as toxicomanías teñen importante incidencia. E seguramente, están na orixe do exceso de mortes que cabería esperar nunha poboación relativamente nova.


En todo caso, e mentres se implementa esta integración, non é aceptable que os médicos da sanidade penal non teñan en Galicia, acceso normalizado á historia clínica electrónica das/os recluídas/vos ou teñan dificultades para realizar algunhas probas diagnósticas ou prescribir determinadas terapias, habituais para a poboación xeral.


O Consello Galego de Colexios Médicos reclama que, sen dilación, o dereito fundamental e universal á saúde alcance se restricións nin problemas engadidos, á poboación penal, a través dos seus excelentes profesionais sanitarios.

 

Enlaces destacados:

El Consello Galego de Coleixos Médicos reclama el derecho de la población reclusa a una asistencia sanitaria con similar equidad y calidad que el resto de los ciudadanos gallegos

Médicos gallegos piden homologar la sanidad penitenciaria con el resto del sistema público

El Consello de Colexios Médicos reclama la homologación de la sanidad penitenciaria con el resto del sistema público

El Consello Galego de Médicos pide asistencia equitativa para los presos


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*