A Asociación de Médicos Galegos (Asomega), celebra a XXI Edición do Premio Nóvoa Santos de Investigación, un dos galardóns de maior prestixio do ámbito biomédico de España, que esta Asociación convoca cada ano.
Co Premio Nóvoa Santos, Asomega pretende dar recoñecemento a personalidades relevantes galegas, ou íntimamente vinculadas a Galicia, do campo da Medicina, cuxa labor profesional e científica destaque no ámbito nacional e internacional e, específicamente, teña unha proxección cara a Galicia.