Terceira convocatoria bolsas de formación para médicos da Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC

Formativo Xeral 13/02/2020

A Cátedra de Traumatoloxía do Deporte da UDC lanza unha nova convocatoria de bolsas de formación para médicos para o curso académico 2019-2020.

Ofrece a este grupo de profesionais con interese no ámbito da Traumatoloxía do Deporte a posibilidade de realizar unha formación específica neste campo nun centro de referencia nacional e internacional.

Os lugares de desenvolvemento das bolsas son o Instituto Médico Arriaza e Asociados e o Hospital HM Modelo (A Coruña).

A convocatoria ábrese o 17 de febreiro, ata o 3 de abril de 2020.

 

Máis información: 

http://www.fundacion.udc.es/catedra-hm-udc/


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*