Guía de recursos sobre a atención sanitaria de persoas coa Síndrome de Down

Xeral 08/09/2023

Guía de recursos sobre a atención sanitaria de persoas coa Síndrome de Down.

Desde a Federación Down Galicia compartimos a “Guía de recursos sobre a atención sanitaria de persoas con Síndrome de Down”, un documento co que queremos orientar ás e aos profesionais sanitarios na busca de resposta ás necesidades de atención sanitaria das persoas coa síndrome de Down cara un envellecemento saudable.

Esta guía recompila as principais publicacións existentes sobre a saúde das persoas coa síndrome de Down dividíndoas en dúas seccións: atención integral á saúde e áreas específicas de atención.

Grazas a esta ferramenta, as e os traballadores sanitarios tamén poderán dispoñer dunha táboa que recolle aos principais profesionais de referencia para consultar calquera dúbida ou cuestión sobre este recurso.


Compartir en:

Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*