POLA VACINACIÓN UNIVERSAL CONTRA COVID19

Posicionamentos 11/01/2021

POLA VACINACIÓN UNIVERSAL CONTRA  COVID19

CARTA ABERTA DO COLEXIO MÉDICO DE OURENSE

Continuando cos posicionamentos públicos que realizamos ao longo da pandemia, queremos facer un chamamento á vacinación contra COVID19, sen temor algún, de toda a cidadanía ourensá cando lle corresponda no seu grupo poboacional.


Os nosos compañeiros están a recibir nas súas consultas, frecuentes preguntas e dúbidas sobre a vacinación. Por iso, como Colexio Médico, queremos manifestar de forma rotunda nosa recomendación para vacinarse a todos os cidadáns sen excepción. Ningunha condición vinculada a patoloxías previas desaconséllao.


Só desde unha información falsa e tendenciosa ou a ignorancia científica pura e dura, pode cuestionarse a necesidade de vacinarse de forma universal como única forma de acabar con esta pandemia que tanto dor e morte está a deixarnos. Non hai razón, por tanto, para a dúbida. Millóns de persoas no mundo recibiron xa as primeiras vacinas sen incidencias reseñables e a evidencia científica das súas condicións de seguridade e eficacia constatadas polas axencias reguladoras internacionais, avalan esta afirmación.


Tivemos noticias de cidadáns que rexeitaron a vacina no primeiro grupo de vacinación, precisamente o máis afectado en vidas perdidas. E parécenos incrible. Non hai razón para iso. Tampouco entendemos a porcentaxe de poboación que na enquisas é reticente a vacinarse por un temor infundado a non se sabe que, baseado en comentarios ou opinións indocumentadas e tamén insolidarias.


Porque vacinarse é un acto de saúde individual pero tamén colectiva. Quen se nega a facelo non só pon en perigo a súa propia saúde, senón a de todos. Ben coñecida é a necesidade de alcanzar a chamada inmunidade de rabaño, que precisa porcentaxes moi altas de poboación vacinada.


Vivimos nun país privilexiado e poderemos contar todos, nos próximos meses, coas vacinas necesarias. Por desgraza non pode dicirse o mesmo en moitos estados do mundo máis desfavorecidos social e economicamente. Outra razón máis para converter o dereito á vacinación nunha obrigación moral.
Tamén é importante informar dos tempos que require a protección contra o virus, que se alcanza ao redor das dúas semanas da segunda dose. Sobre todo para que ninguén interprete equivocadamente as infeccións que poidan aparecer despois da primeira dose sen inmunidade adquirida aínda, froito por tanto, do devir da pandemia e non dun efecto negativo da vacina.


Finalizamos este chamamento á poboación, trasladando ás autoridades políticas e sanitarias, tanto autonómicas, como estatais e europeas, a petición de conseguir máis vacúas e acelerar o ritmo da vacinación. E a nosa dispoñibilidade como médicos ourensáns para axudar en todo o que faga falta. Cantas máis vacúas e máis rápida sexa a súa administración, máis vidas salvásense.

 

Xunta Directiva Colexio Médico de Ourense

 


Compartir en:

Comentarios



Augusto Viso

18/01/2021

Enhorabuena por este comunicado. Totalmente de acuerdo
Todavia mantengo mi actividad privada de Pediatra , con cual sigo siendo punto de vacunación oficial y administro las vacunas correspondientes a los niños. y realizando las consultas medicas de pediatra y neurología pediatrica. Mi deseo es ser vacunado contra el Covid 19 cuando sea posible , por mi edad y por mi profesión , para estar protegido y proteger. Ademas por mi experiencia me ofrezco de forma desinteresada para administrar la vacuna en el lugar y hora que deseen
Un abrazo


Martin

03/02/2021

Totalmente de acuerdo con el escrito del colegio así con mi compañero y amigo Viso yo también como pediatra en ejercicio privado actualmente me ofrezco a ayudar a vacunas se a quien consideren. Los pediatras llevamos muchos años manejando vacunas


Consuelo Nogueira Enciso

04/02/2021

Gracias a todos estos compañeros, que se están esforzando por todos los ciudadanos.
Gracias a los que estáis en primera línea, por protegernos y protegernos, a los que aya no estamos en ejercicio profesional y somos de alto riesgo.


Fai un comentario



*Campos obrigatorios

Código de verificación
Lin e acepto a Política de privacidade*