Xornadas de formación en vacinas, organizadas dende a Dirección Xeral de Saúde Pública.
Por un lado, contamos coa XXIV Xornada provincial de formación continuada en vacinas, que se celebrará do 2 ao 5 de outubro na EOXI da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, en horario de 16.30 a 20.30 h.
Por outra banda, a XXIV Xornada central de formación en vacinas, celebrarase o día 7 de outubro de 10.00 a 14.15 h no salón de actos da Consellería de Sanidade.
No seguinte enderezo, pódense realizar as inscricións e consultar o programa: