Oficina de Instrucións Previas (OIP) do ICOMOu

Colexio de Médicos de Ourense creou a súa Oficina de Instrucións Previas (IP) co fin de poder axudar a colexiados/as das profesións sanitarias de Ourense e á cidadanía en xeral a cubrir e rexistrar o seu Documento de IP.

Este documento, con validez legal, que se adxunta á Historia Clínica da persoa paciente, é o que permitirá ao equipo médico que a asista, así como á súa familia, coñecer que é o que a persoa desexa para si nunha situación de final de vida na que non pode expresar a súa vontade por si mesma, por exemplo qué tratamentos acepta, cales rexeita e como quere chegar ao final da súa existencia.

A OIP do ICOMOu está coordinada por membros da Xunta Directiva, da Comisión Deontolóxica e por traballadoras sociais vinculadas ao proxecto.

Si desexas a colaboración da OIP do ICOMOu para cubrir e/ou rexistrar o teu Documento de Instrucións Previas no Rexistro de IP do Goberno Galego (REGAIP), é indispensable que solicites unha cita a través do teléfono ou do correo electrónico do colexio.


Compartir en: