Se queres que te axudemos a cubrir e/ou rexistrar o teu DIP na Oficina de Instrucións Previas (OIP) do ICOMOU pódelo solicitar chamándonos ao teléfono 988210593 ou pedindo unha cita a través do correo electrónico: colegiomedico@cmourense.org
En esta cita terás unha reunión individual con responsables da OIP que che axudarán a despexar as túas posibles dúbidas e verificarán que contas con todos os documentos necesarios para rexistrar o teu Documento de IP. Tamén, se así o desexas, axudarémosche a xestionar a opción de formalización ante 3 testemuñas.
DIP, anexo proposto polo ICOMOU e Folla de Instrucións
Tanto o DIP , o anexo proposto, como a Folla de Instrucións están á túa disposición para cubrilo nesta ligazón, por si prefires redactalo directamente desde o teu computador e traelo impreso á reunión.
O resto de documentos que deberás preparar e traer son:
- Unha fotocopia do teu DNI.
- Unha fotocopia do DNI da persoa ou persoas representantes que, en caso de existir, deben asinar o anexo III da solicitude de Inscrición no REGAIP.
- No seu caso, si prefírese traer o DIP cuberto e xa asinado polas tres persoas testemuñas, estas deberán asinar tamén no anexo II da solicitude de Inscrición no REGAIP.
- Importante: debes poñer a mesma data e lugar en todos os documentos
- ¡¡¡E asegúrate de que tanto o teu DNI como os das persoas representantes e as tres persoas testemuñas non estén caducados!!!