A persoa ou as persoas representantes
¿Quen pode ser representante?
Pode nomearse a unha persoa (e se o desexa unha persoa sustituta) da máxima confianza para a persoa outorgante, xa sexa da súa contorna familiar, de amizades… Non pode selo o/a notario/a, nin a ou o funcionario do Rexistro Galego de Instrucións Previas ( REGAIP), nin o persoal sanitario que debe aplicar as Instrucións Previas, nin o persoal das institucións que financien a atención sanitaria da persoa que realizou o DIP.
¿A que se compromete a persoa ou as persoas representantes?
A persoa ou persoas representantes deberán estar de acordo en asumir o compromiso de seguir as directrices expresadas no Documento de Instrucións Previas pola persoa á que está a representar, no caso de que esta non poida expresar por ela mesma a súa vontade.
Este compromiso debe prevalecer a pesar das dificultades que poida atopar por exemplo:
-
non estar de acordo co seu contido
-
que a familia da persoa outorgante non comparta o contido do DEP.
-
que as ou os sanitarios encargados poñan dificultades para cumprir os desexos expresados pola persoa outorgante no DEP.
Se a persoa representante non asume este compromiso, non pode ser representante e sería mellor non ter esta figura, debido a que non é imprescindible para legalizar o Documento de Instrucións Previas.